Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Mámoa, A

Mámoa, A

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

MAMMŬLA
Latino
Oronimia » Elevación

Ámbito semántico

Hábitat humano » Edificacións

Resumo xeral

Do latín MAMMŬLA, diminutivo de MAMMA 'mama'. Refírese ós montículos de terra que adoitan conter un túmulo funerario da época megalítica.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Pertence á parroquia de Carreira, no concello de Ribeira (Co).

Información específica de étimo para este topónimo

A partir da metáfora oronímica inicial, 'mamiña', en Galicia desenvolveuse un sentido específico: "sepulcro prehistórico da época megalítica, formado por un dolmen cuberto por un montículo de terra de planta circular e de arredor de cinco metros de altura" (DRAG). É unha das palabras do noroeste hispánico atestada desde máis cedo: "Mamula de Gutilanes" 572 Costa_BragaLiberFidei, "ad mamula de Uillare" 921 CDSEstevoRibasSil.

Na Idade Media serviron como referentes delimitadores. A de Ribeira, siguada entre as paroquias de Ribeira e Carreira, puido cumprir esta función, segundo Cabeza Quiles (TopRibeira p. 96). Segundo o mesmo autor, a mámoa que dá nome ó lugar aínda existe na actualidade, situada preto dun microtopónimo chamado "Camposanto dos Mouros".

.

Documentación histórica

Moderna

  • Mámoa 1754-1755 Sarmiento_Viaje1754
  • "lugar da Mámoa" 1763 CMEComprob

Paisaxe toponímica próxima

Na parroquia de Palmeira, no mesmo concello, existe o lugar Modorróns, aumentativo de medorra, que ten o mesmo significado ca mámoa. Non obstante, Cabeza Quiles pensa que neste caso designa 'dunas', pois está construída practicamente enriba do areal costeiro (TopRibeira 99).

Cognados

En Galicia hai doce lugares chamados A Mámoa nas provincias da Coruña (3), Lugo (6) e Pontevedra (3), amais do composto Mámoa Alba (Cerdedo, Po). Tamén tres As Mámoas (dúas na Coruña e unha en Lugo).

En Portugal rexístrase Mámua (Viana do Castelo).

Tamén hai derivados diminutivos: Mamoela (2, Po), Mamoelas (Lu, Po), As Mamoelas (A Bola, Ou) e en Portugal Mamuela (Braga).

Ana Boullón:  "Mámoa, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 09-01-2026].
Data: 07/11/2023
2659
no-portugues

Coordenades:-9.003124 42.546568

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
Sen datos

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Contribucións: Emilio Nieto.

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-