Vés al contingut
Volver a ToponHisp
  • Consulta del diccionari
  • Resultats del projecte
  • Bibliografia
  • Fonts
  • Històric
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Gude

Gude

Tipoloxia o caracterització xeogràfica

Lugar
Idioma del topònim
Galego

Étimo

GUTA, GUTUS
Germánico
Deantroponímico » Nombre personal

Resum general

Posiblemente procede de GUTI, xenitivo do nome persoal altomedieval Gutus, de orixe xermánica, formado polo elemento onomástico got-, god-, onde conflúen tres raíces góticas: gôths ‘bo’, guth ‘deus’ e *guts, *guta ‘godo’ (HGN § 146). Tamén podería provir do xenitivo dun nome feminino Guta, posto que ambos os resultados confluíron foneticamente.

Aspectes geogràfics, històrics, administratius

Aldea da parroquia de Artes, no concello de Ribeira.

Información específica de étimo para este topónimo

O nome xermánico fem. Guta, Goto, masc. Gutus/Gotus, foi de uso relativamente frecuente na Galicia altomedieval e chegou ata o séc. XIII. Os distintos tipos morfolóxicos deron lugar a diversos descendentes toponímicos.

1) Gutus/Gudus. Nome masculino, seguía a segunda declinación latina.

  • Nantemiro presbitero cognomento Guto 904 CDPinario
  • domno abbati Guto 912 CDCoruña
  • abbati ipsuis cenobii dompno Gudo 914 DocSantiagoSAMI 
  • villa que fuit de Guto et uxor sua Vana... frater Gudo 1010 TCelanova
  • de avo suo Guto 1031 TSamos

Deixou descendentes toponímicos a partir do xenitivo:

  • "in Ganadi villa de Gude" 985 TCelanova
  • " per Aimer et per Castro Guti" 1070 TSamos
  • "in territorio Limie inter Parata et Guntimiri cuncta qua habeo in Guti sub castro sancto Georgio" 1091 TCelanova

2)  Goto/Godo. Nome feminino:

  • Goto regina 928  TCelanova
  • domna Godo abbatissa 985 TSobrado
  • Adaulfo et uxor mea Goto 989 TCelanova
  • mulieres Ermilli, Goto, Odrocia 1019 DocCañizaresLugo
  • nobilissima Godo Petriz 1108 TCelanova
  • sorore ipse Desterico -nomine Guto 1069 TVLugo
  • matris mee Godo Pelaiz 1156 TToxosoutos

A forma declinada Goton(e) usouse independentemente do caso: 

  • Gotone 874 CDVisLugo
  • Gotone, Nunnita, Gudileoua 904 TSamos
  • avorum nostrorum Baltari et Gotone 937 TCelanova
  • ego Goton vobis domno Rudesindo 961 TCelanova
  • ego exigua famula tua Gotoni regina 964 CDPombeiro
  • mater mea Godon 989 CDVisLugo
  • soror mea Gotoni 1100 TCelanova

Encontrámola xa desde a a Alta Idade Media con valor toponímico: 

  • Portum de Godon 841 ESagrada
  • villa de Goton 972 CDCelanova
  • Penam Godoni 1129 CDFPallares

3) Gota/Goda/Guta/Guda, normalmente feminino.

  • Danielem cum uxore Gota 914 CDPinario
  • uxor mea Simbriola cognomento Gota 941 TCelanova
  • alia Gota 975 TSamos
  • domna Goda 976 DocCañizaresLugo
  • Ego indigna Genilo, cognomento Gota 984 CDCoruña = Eiloni cognomenta Goda 985 TCelanova
  • domna Guta 1002 CDCelanova
  • Guta Fernandiz 1063 TCelanova.
  • Aldretus Mellidiz et uxor sua Goda 1011 TSamos
  • Maior Petri dicta Gota a.1246 CalendMondoñedo

De todas elas atopamos descendentes toponímicos en Galicia, con distintos resultados fonéticos e morfolóxicos, tamén con sufixos (véxase embaixo nos cognados).

Documentació històrica

Moderna

  • Rodrigo de Gude (Artes) a.1504 ADPontevedra (ATOPO)
  • "Antonio de Gude, casa en la que avita, de un alto, sita en la aldea de Gude y Devesa" a.1793 CCME

Cognats i topònims relacionats

Hai diversos resultados do xenitivo GUTI en Galicia: Gude (Ribeira, Co, Lugo, Lu), Gudes (Xinzo de Lima, Ou), Os Gotes (Monfero, Co). A forma feminina rexístrase no portugués en compostos: Fontes de Goda (Braga), Casal da Goda (O Porto). 

Gota puido presentar unha desinencia -a(ne), como vemos en "ubi dicunt Gutani" 982 TSamos. A partir do xenitivo (*GOTANIS) ou do acusativo plural (*GOTANES) orixinouse os actuais topónimos Godás de Cima e Godás do Río (Longoseiros, O Carballiño, Ou), que, pola súa parte, xeraron o apelido Godás.

Godos (parroquia de Caldas de Reis, Po) pode proceder dun plural do nome persoal ou dun adxectivo usado con valor étnico.

Goto/Godo, coa flexión xermánica -o(ne), produciu o nome persoal medieval Godon, normalmente feminino, que deu lugar ao topónimo Godón (Arteixo, A Laracha, Mazaricos e O Porto do Son, na Co, e Arbo, Po). Deu lugar ao apelido Godón, con 86 portadores, que procede na súa maior parte do topónimo do Porto do Son, pois está distribuído sobre todo na Península de Barbanza; os portadores de Negreira poderían ter como foco o do concello de Mazaricos.

Con distinta evolución (caída do -n-), GOTONE (ou GOTONI) orixinou o topónimo Godoi (A Estrada, Po), que tamén xerou apelido. Documéntase desde o séc. XIV: Johán de Godoy 1396 THSantiago, Pero de Godoy, notario público jurado ẽna vila de Noya 1434 DocNoia

Con derivación: 

  • -INA/-INU: A Gudiña (concello ourensán),
  • -ELLA/-ELLU: A Godela (Cerdedo Cotobade, Po). Tamén portan este sufixo os port. Montegodel (Lisboa) e Monte Godel (Lisboa), que mostran influencia mozárabe na evolución.

En composición:

  • con VILLA: Vilagude, na Estrada (Po), Vilacote, en Castroverde (Lu); 
  • con BUSTU: Besgode (véxase MartínezLema_2018), en Begonte (Lu);
  • con VALLE:  O Valgote, en Miño (Co).

Foi tamén frecuente en antropónimos altomedievais con diferentes raíces onomásticas como primeiro elemento de composición (ata 43 formacións no HGN § 146), o en segundo (Bagude, Sergude/Seragude: véxase HGN § 35, 244) bastantes dos cales deixaron así mesmo descendentes toponímicos.

Ana Boullón:  "Gude", 

en Toponimia gallega, portuguesa y asturiano-leonesa, PID2024-159776OB-C41, proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae. Prolongación antroponímica y proyección americana (ToponHisp-PA), financiado/a por MICIU/AEI/10.13039/501100011033. http://toponhisp.org

[consultado en 01-11-2026].
Data: 25/05/2026
8406
no-portugues

Coordenades:-9.01046077 42.57147793

Les coordenades a l'estat espanyol procedeixen de l'IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripció fonètica
ˈɡuðe̝
Audio
Província
A Coruña
Població
52 (2025)

Gentilici i renoms col·lectius

Gentilici(s)
Sin datos
Pseudogentilici(s)
Sin datos

Antropónims originats pel topònim

Cognom
Gude
818 ocurrències
Font: CAG

Hai dúas áreas fundamentais de expansión do apelido: arredor de cadanseu topónimo: en Ribeira (o máis numeroso) e en Lugo.

Gude
Nom
No ha generat nom personal

Bibliografía específica

No hi ha bibliografia

Signatures

Redacció: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidad
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-