Skip to main content
inicio
  • Hiztegia begiratzea
  • Proiektuaren emaitzak
  • Bibliografia
  • Iturriak
  • Ikertzaileentzako sarrera
esglcaeupt-ptastan

ULIA

ULIA

Prerromano
Hidrotoponimia » Ur lasterrak
Log in or register to post comments

Derivado da raíz hidronímica indoeuropea *wel  ‘facer xirar’, cunha terminación –ia habitual en nomes prerromanos de ríos (Avia, Navia, Limia, Umia, etc). A partir dunha forma Volia citada por Afonso III no ano 906 e tendo en conta Ulla citada por Pomponio Mela no séc. I e as moi abundantes Ulia medievais (desde o séc. VI), Bascuas_1999 reconstrúe un étimo *Wŭlia, cun tema wŭl correspondente coa raíz *wel de Pokorny, difundida en moitas linguas europeas (presente, por exemplo, no latín volvo 'dar voltas') e con diversas especializacións semánticas de carácter hidronímico, sobre todo en linguas xermánicas e balto-eslavas.

A partir desa forma etimolóxica produciuse a vocalización do V- inicial (con paralelos no navarro Ullate e no catalán Oluges), e a abertura esperable do /ǔ/ que se advirte en Volia sucédelle a pechazón en /u/ por inflexión do iode (coma no hidrónimo portugués Ul). Outros topónimos terían evolución diverxente desta raíz, con consonantización do W-: os galegos Bollo, Bullón/Bullor e os portugueses Bulha, Bulhas, Bulho, Bulhão, entre outros.

Pola súa parte, Búa_TopPrel (p. 218) considera que Ulla e os seus derivados (Ulloa, Ulló) son hidrónimos propios da costa occidental galega.

Sinadurak

Erredakzioa: Ana Boullón

Ana Boullón:
" ULIA ",
en Toponomasticon Hispaniae, proyecto financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 18/03/2023

Topónimos vinculados a este étimo

Gallego

Lugo
Antas de Ulla
Cognados: Antela; Anta; Campodanta; Penadanta; Valdanta; Ribadulla
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

MCIN/AEI/10.23039/501100011033k finantzatu du Toponomasticon Hispaniae I+D+I proiektua. Aplikazio honek Galiziako Xuntak ikerketa guneen finkapenerako eta egituraketarako ematen dituen laguntzetako bat izan zuen.

Menú del pie

  • Pribatutasun politikak
  • Cookies politikak
  • Harremanetarako
-
-
-
-