Parderrubias
Tipologia edo geografia karakterizazioa
Etimoa
Laburpen orokorra
Do latín PARIETES RUBEAS, 'paredes rubias', referido a obras para establecer lindes ou ao resto dunhas edificacións con esta cor.
Geografi, historia, administrazio alderdiak
Parroquia no concello da Merca (Ourense), constituída por seis aldeas. A actual parroquia aparece mencionada desde o séc. X, dentro da Terra de Celanova, e en 1122, no documento en que Tareixa, condesa de Portugal, renova a Ourense o título de cidade e marca Parderrubias como un dos seus límites.
Dokumentazio historikoa
Antzinatekoa eta Erdi Arokoa
"est ipsa uilla inter Minio et Arnogia, uocitata Parietes Rubias" 957 CDCelanova 119, TumboCelanova 65
"quicquid debiti regie parti debetur a petra de uado usque ad riuulum de Oruidelo, insuper quantum [apud Parietes] Rubias habetur siue in Reparadi tam regalengum quam infantaticum do et datum confirmo" 1122 CDACatOurense 66-68
Hizkuntza
A palabra Paredes é unha das máis frecuentes na toponimia galega: repítese en 58 lugares (Boullón_2021).
En Galicia a forma rubio é a máis frecuente entre as expresións de cor na toponimia: aparece ata 73 veces, ben como forma única (Rubio, Roibos, A Rubia), ben adxectivando a pedras, construcións, hidrónimos, vexetación ou outros ou con diferentes derivados.
No NG hai outra forma idéntica á tratada: Parderrubias, parroquia de Salceda de Caselas (Po).
En Palencia existe outro cognado: Olleros de Paredes Rubias, pedanía do municipo de Berzosilla.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org