Skip to main content
Itzuli ToponHisp
  • Hiztegia begiratzea
  • Proiektuaren emaitzak
  • Bibliografia
  • Historikoa
  • Iturriak
  • Ikertzaileentzako sarrera
esglcaeupt-ptastan

Vilacide

Vilacide

Tipologia edo geografia karakterizazioa

Lugar
Idioma del topónimo
Galego

Etimoa

VĪLLA
Latino
Giza habitata » Herria
SAYYID
Árabe
Onomastika » Deantroponimikoak

Laburpen orokorra

Composto de vila e Cide, un nome persoal medieval de orixe árabe, a partir do andalusí síd, e este do clásico sáyyid 'señor'.

Geografi, historia, administrazio alderdiak

Lugar, hoxe desdobrado en dúas poboacións, Vilacide de Abaixo e Vilacide de Arriba, da parroquia de Oroso, no mesmo concello coruñés. O topónimo figurou nos nomenclátores modernos coa súa forma castelanizada, ata que en 2003 restituíuse a xenuína.

Leku izen honentzako informazio berezkoa

O antropónimo masculino Cide foi bastante frecuente en Galicia durante a Alta Idade Media: coa forma romance Cide ou coa pseudolatinizante Citi, documentámolo sobre todo entre os séc. X e XII, época en que tamén aparece con sufixo patronímico. Na Baixa Idade Media chegou só como segundo nome. Indicamos algúns exemplos de todas esas formas:

  • Citi Didaci 874 CDVisLugo 
  • Regaulpho Connomento Citi 876 CDSCristinaRibasSil
  • Pepi Citiz 962 TSamos
  • Maria Cidiz, [filla de] Cidi 977 CDCelanova 
  • Citi Ansemondiz 1007 TCelanova
  • Ziti Donon 1012 TCelanova
  • Vandila connomento Ziti 1023 CDVisLugo 
  • Sonmiro cognomento Citi a.1043 TCelanova
  • Aldretus proles Quintile cognomento Citi a.1079 TSamos, 
  • Michael Citiz 1119 CDVisLugo 
  • Cide 1134 CDCatOurense 
  • Adrianus Cidiz 1153 TomboCSantiago1
  • Pedro Cide 1335 CDRocas
  • Aluaro Cide 1433 DocDevOurense

Dokumentazio historikoa

Antzinatekoa eta Erdi Arokoa

  • Villacide a.1228 HistoriaCatedralSantiago
  • "Villazide derradeyro ... que he in filigresia Sancti Martinj de Heeroso" 1291 Galiciana (Arquivo da Fundación Penzol)
  • Juan de Vilaside 1420 LCSantiago
  • "Joán de Vylazide, vesiño de Santiago" 1434 NotariosOurense 
  • "herdades e casal de Vilazide derradeyro e a meatade do casal de Sigũeiro de Çima e as herdades de Castelo e o casal de Lestroue, as quaes herdades mãdou Johán de Vilazide, canbiador", "Vasco Gomes de Vilazide, morador ẽna frigresía de Sant Martjno de Oroso" 1480 TBieitoSantiago 

Garaikidea

  • Villacid de Abajo, ... Villacid de Arriba 1830 DicMadoz

kognatuak eta erlazionatutako leku izenak

Existen outros dous Vilacide no concello de Xermade (parroquias de Cabreiros e de Candamil, Lu). Tamén hai cognado do mesmo composto en territorio castelán: véxase Villacid de Campos.

O seu segundo elemento aparece tamén en 

  • Abucide (Toques, Co), composto co andalusí abú (árabe clásico abū) 'pai' .
  • Casdecide (Nogueira de Ramuín, Ou) e Cardecide (Cuntis, Po)  'casa de Cide'.
  • Mencide (Palas de Rei, Lu) composto con Mendo < xermánico Menendus).

Pola contra, aínda que Doncide (Pol, Lu), parece un composto con DOMINUS, MoralejoLaso_1977_TopGalLeonesa apunta a posibilidade de que proceda do xenitivo do nome latino Dulcidius. A documentación medieval parece confirmalo, pois aparece como Doçide a.1494 CDCatMondoñedo.

Ademais, outros topónimos rematados en -cide son probablemente fitotopónimos, con relaxación da vogal final:

  • Lamacide (Abadín, Lu) é probablemente unha variante de Lamacida, e esta de Lamaceda, un derivado de lama.
  • Salcide (Salvaterra de Miño, Po) é variante de Salceda (< SALICETA)
  • Barracide (Foz, Lu), podería ser variante de Barracido, abundancial dunha variante con r múltiple do fitónimo baraza (Navaza_Fitotop)
  • Teicide (Paradela), podería ser variante de Toucide 'touceda', colectivo de touza, topónimo que hoxe non se recolle no NG pero que está testemuñado na Idade Media: Fernando de Touçide, procurador do cabido de Mondoñedo 1470 CDCatMondoñedo .

Como elemento único, en Portugal hai Cide (Braga, Guarda).

En canto a Ceide (Carballo, Co e Lugo, Lu) e Ceides (Carballedo, Lu), foi relacionado etimoloxicamente con Cide, pero parece máis probable que proceda do nome persoal Zayd ‘incremento, aumento'.

 

Ana Boullón:  "Vilacide", 

en Toponimia gallega, portuguesa y asturiano-leonesa, PID2024-159776OB-C41, proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae. Prolongación antroponímica y proyección americana (ToponHisp-PA), financiado/a por MICIU/AEI/10.13039/501100011033. http://toponhisp.org

[consultado en 04-11-2026].
Data: 29/06/2026
8574
no-portugues

Coordenadas: (-8.453135 42.984306

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
bilaˈθiðe̝
Probintzia
A Coruña
Bizilagunak
Daturik ez

Herritarren izena eta talde izengoitiak

Herritarren izena(k)
Daturik ez
Sasigentilizioak
Daturik ez

Leku izenak sortutako jende izenak

Abizena
Vilacide
16 ocurrencias
Iturria: CAG

Os portadores do apelido Vilacide están censados nos concellos do Pino e de Santiago de Compostela, próximos ó seu foco de expansión.

Vilacide
Izena
Ez du jende izenik sortu

Bibliografia berezia

Bibliografiarik ez dago

Sinadurak

Erredakzioa: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

MCIN/AEI/10.23039/501100011033k finantzatu du Toponomasticon Hispaniae I+D+I proiektua. Aplikazio honek Galiziako Xuntak ikerketa guneen finkapenerako eta egituraketarako ematen dituen laguntzetako bat izan zuen.

Menú del pie

  • Pribatutasun politikak
  • Cookies politikak
  • Harremanetarako
-
-
-
-