Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Histórico
  • Memoria gráfica
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

GUTA, GUTUS

GUTA, GUTUS

Xermánico
Onomástica » Deantroponímico » Nome persoal
Log in to post comments

O nome persoal está formado polo elemento got-, god-, onde conflúen tres raíces do gótico: gôths ‘bo’, guth ‘deus’ e *guts, *guta ‘godo’ (HGN § 146). Coincide co etnónimo dos individuos procedentes dun dos pobos xermánicos que se introduciron na península ibérica a partir do séc. V. Con todo, a súa presenza nos nomes medievais carece de valor étnico, posto que os nomes de persoa de orixe xermánica tiveron moita difusión e deron lugar a topónimos, maioritariamente a partir da súa forma en xenitivo, entre os séc. VII e XI. Este procedemento foi produtivo, grosso modo, na metade septentrional da península (véxase o mapa en HGN p. 39).

Este elemento onomástico xerou varios antropónimos na Idade Media: 1) Gutus/Gudus, masculino, construído pola segunda declinación latina. 2) Goto/Godo, feminino; declinado como Gotone, forma que se independizou como nome e se usou en calquera contexto, independentemente do caso. 3) Gota/Goda, feminino. Os seus descendentes toponímicos proceden do xenitivo do tipo 1, do tipo 2 e do tipo 3, este último especialmente vizoso co sufixo ‑ina. Encontrámolos por toda a península: gal. Godoi, Gude, Vilagude, Aldegode, Godos, Godón, A Gudiña, Vilagudín, Castrogudín, Penagudín, A Godela, port. Guda, Vila Godim, Godim, Godinho, port. e cast. Goda, leon. Valdegoda, Andelagodo, Cotagodina, Vitigudino, cast. Castrogoda, Almunia de doña Godina, Palacios de Goda, Godos, cat. Bassegoda... (HGN 146.18, 33a, 33b, 33c, 36, 40, 41, 42).

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Ana Boullón:
" GUTA, GUTUS ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 11/05/2026

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

A Coruña
Gude
Cognados: Gudes; Gotes, Os; Godos; Godón; Besgode; Valgote; Vilagude; Vilacote; port. Fonte de Goda; port. Casal da Goda

Asturiano

Asturies
Cellagú

Castelán

Ávila
Palacios de Goda
Cognados: Llama de Goda; Castrogoda; Valdelagoda; Goda, La; Palacios Rubios

Topónimos derivados

-ĔLLA, -ĔLLU

Galego

Pontevedra
Godela, A
Cognados: port. Montegodel; port. Monte Godel

Castelán

Segovia
Gudillos
Cognados: Godos

-ĪNA, -ĪNU

Galego

Ourense
Gudiña, A
Cognados: port. Godinha; port. Godinhas; port. Godinho; port. Godinhela; port. Martim Godim

Castelán

Zaragoza
Almunia de Doña Godina, La
Cognados: Goda; Gudiña
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-