Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Histórico
  • Memoria Gráfica
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Toponomasticon Hispaniae

 

O Toponomasticon Hispaniae ten como obxectivo o estudo e divulgación dun corpus seleccionado de nomes de lugar de todo o territorio español e portugués e, ao mesmo tempo, o establecemento de bases metodolóxicas firmes para o estudo da toponimia. Está composto por seis subproxectos coordinados, radicados en diferentes universidades españolas, que reúne máis de 60 integrantes. De cada un dos nomes de lugar realizarase unha ficha toponímica, con información xeográfica, etnográfica, histórica, cartográfica e lingüística; esta última incluirá a etimoloxía, forma fónica, motivación, clasificación semántica, cognados, xentilicios e seudoxentilicios. A partir das fichas de cada topónimo deseñarase unha ficha panhispánica en que se condensará a evolución de cada étimo cos resultados nos diversos territorios. En ambas as fichas disporanse enlaces hipertextuais que posibilitarán buscas en múltiples direccións.

Subproxecto 1a

O subproxecto “Toponimia de Galicia e Portugal” articúlase en dous equipos, o de Galicia e o de Portugal, con cadansúa delimitación territorial e lingüística (galego e portugués).

Para esta primeira fase estudiaranse 444 topónimos galegos e 100 portugueses, entre os cales se encontran macrotopónimos (en Galicia, os 315 concellos do Nomenclátor oficial de 2003), corónimos, orónimos, hidrónimos e talasónimos.

Para a escolla procurouse a súa representatividade lingüística e xeográfica. A aparente desproporción entre o número dos nomes galegos e os portugueses atende á enorme densidade toponímica de Galicia: como é sabido, cun 6% do territorio español, contén case o 35% das entidades de poboación do nomenclátor oficial; no que toca a Portugal, supera nuns dez mil o número total de núcleos nos nomenclátores respectivos.

 

Topónimos destacados do grupo

A Coruña
gl
Ortigueira
Lugo
gl
Reboredo
Lugo
gl
Vilafiz
A Coruña
gl
Vilarmaior
A Coruña
gl
Esteve
Lugo
gl
Santo Estevo de Rececende
Santarém
pt
Tomar
Ourense
gl
Xunqueira de Ambía
gl
Serra do Faro
Lugo
gl
Ribadeo
Ourense
gl
Leiro
Lugo
gl
Pedrafita do Cebreiro

Forma de cita:

[Autor/a]:
"Topónimo",

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proxecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

 
Integrantes
Membros do equipo de investigación
Ana Boullón
IP
Universidade de Santiago de Compostela
Gonzalo Navaza
UVigo
Equipo de traballo
Paula Bouzas
Universität Göttingen
Carlos Búa
Universität Leipzig
Eduardo Louredo Rodríguez
IES O Ribeiro, Ribadavia
Luz Méndez
Real Academia Galega
Antón Palacio
UVigo
Esperança Cardeira
Universidade de Lisboa
Maria Alice Fernandes
Universidade do Algarve
Carlos Rocha
Centro de Linguística da Universidade de Lisboa
Andrea Santiso Arias

Subproxecto 1b

Este subproxecto ocúpase da toponimia de Asturias, León, Zamora e Salamanca. Unha boa parte deste territorio pertence ao dominio lingüístico asturiano-leonés. As linguas implicadas son o asturiano e o castelán. Seleccionouse para a primeira fase un total de 240 topónimos do conxunto do territorio atendendo á densidade toponímica, ao volume e tradición de estudos toponímicos e á maior representatividade do dominio que supón o caso de Asturias pola súa situación no que respecta á vitalidade, transmisión e respaldo administrativo da lingua asturiana. Na selección procurouse unha representación dos diferentes tipos de topónimos segundo a división tradicional de topónimos de base antroponímica e topónimos de base léxica (con posible motivación hidronímica, oronímica, fitonímica etc.). 

Topónimos destacados do grupo

León
es
Baña, La
León
es
Lorenzana
León
es
Pola de Gordón, La

Forma de cita:

[Autor/a]:
"Topónimo",

en Toponimia asturiano-lleonesa, proyectu integráu en Toponomasticon Hispaniae

Integrantes
Membros do equipo de investigación
Toribio Fuente Cornejo
IP
Universidad de Oviedo
Pascual Riesco Chueca
Universidad de Sevilla
Claudia Elena Menéndez Fernández
Universidad de Oviedo
Equipo de traballo
Ana María Cano González
Universidad de Oviedo
José Luis García Arias
Academia de la Llingua Asturiana
Héctor García Gil
Academia de la Llingua Asturiana

Subproxecto 2a

O subproxecto "Toponimia de Aragón, Cantabria e La Rioja" forma parte do proxecto xeral Toponomasticon Hispaniae. A súa zona de estudo abrangue tres rexións sucadas polo río Ebro, desde o seu nacemento en Cantabria ata o seu curso medio en La Rioja e Aragón. Este é un territorio que ten como lingua común o castelán, se ben no caso de Aragón existen tamén o aragonés e o catalán como linguas propias, circunstancia que outorga ao proxecto un interese especial desde unha perspectiva lingüística.

O obxectivo é estudar 250 topónimos; en concreto, 50 por cada unha das 5 provincias que conforman as tres rexións, abarcando nomes de poboacións, corónimos, orónimos e hidrónimos, ademais dalgúns talasónimos no caso de Cantabria. Deste xeito, preténdese contribuír ao coñecemento profundo da toponimia de España dentro do macroproxecto mencionado.

Topónimos destacados do grupo

Huesca
es
Peralta de Alcofea
Huesca
es
Abizanda
Huesca
es
Azara
Huesca
es
Robres
Huesca
es
Naval
Huesca
es ca
Fraga
Huesca
es
Ilche
Huesca
es
Camporrells
Teruel
es
Frías de Albarracín
Teruel
es
Albarracín
La Rioja
es
Logroño
La Rioja
es
Arnedo

Forma de cita:

[Autor/a]:
"Topónimo",
Integrantes
Integrantes

Contamos con la colaboración y asesoramiento de otros colegas no integrados en el proyecto formalmente.

Membros do equipo de investigación
Javier Giralt Latorre
IP
Universidad de Zaragoza
Francisco Javier Terrado Pablo
Universitat de Lleida
Carlos Ángel Rizos Jiménez
Universitat de Lleida
Equipo de traballo
José Luis Ramírez Sádaba
Universidad de Cantabria, jubilado.
Alberto González Rodríguez
IES Santa Clara de Santander
Marcelino Cortés Valenciano
IES Las Llamas de Santander
Jesús Vázquez Obrador
Universidad de Zaragoza

Subproxecto 2b

O subproxecto "Toponimia das zonas central, sur e insular atlántica" é unha parte do proxecto xeral Toponomasticon Hispaniae, en que nos embarcamos un grupo de docentes e investigadores. 

A nosa zona de estudo é extraordinariamente ampla e complexa, distante e distinta, pois esténdese desde o norte de Castilla ás Islas Canarias, abarcando case por enteiro ambas as Castillas, Extremadura, Andalucía, todo un amplo territorio que ten en común o ter a lingua española como lingua romance única na actualidade. 

Trátase, pois, dun proxecto ambicioso e difícil en que intentaremos continuar o labor iniciado por grandes predecesoras coma un elo no proxecto inmenso de describir e coñecer profundamente a toponimia de España, moi rica e moi plural.

Topónimos destacados do grupo

Guadalajara
es
Checa
Burgos
es
Cilleruelo de Arriba
Segovia
es
Ortigosa del Monte
Burgos
es
Citores del Páramo
Burgos
es
Pinilla de los Barruecos
Burgos
es
Misol, Alto de
Madrid
es
Pedrezuela
Burgos
es
Tobera
Cáceres
es
Montánchez
Segovia
es
Estebanvela
Burgos
es
Trespaderne
Burgos
es
Nofuentes

Forma de cita:

[Autor/a]:
"Topónimo",
Integrantes
Integrantes

Contamos con la colaboración y asesoramiento de otros colegas no integrados en el proyecto formalmente.

Membros do equipo de investigación
Emilio Nieto Ballester
IP
UAM
Jairo Javier García Sánchez
Universidad de Alcalá (UAH)
B. Mª Sanz Alonso
U. Valladolid
Equipo de traballo
Salvador G. Benítez Rodríguez
ULPGC
UAM
José Antonio González Salgado
Campo Arqueológico de Mértola, Portugal
M. Montilla Lillo
IGN
Jesús Martín de las Pueblas Rodríguez
UNED
J. A. Ranz Yubero
Universidad de Alcalá (UAH)
M. Soto Melgar
U. Granada
M. Trapero Trapero
ULPGC

Subproxecto 2c

Número de topónimos: 268 (Navarra: 111 / Álava: 56 / Bizkaia: 55 / Gipuzkoa: 46).

Criterios empregados para a elección de topónimos: 

O primeiro criterio á hora de elixir os topónimos foi que os nomes das provincias e das súas capitais estiveran presentes. 

O segundo criterio ten que ver co carácter dos nomes: nas catro provincias hai orónimos, hidrónimos e nomes de poboación, e tamén corónimos tradicionais. 

O terceiro criterio está relacionado coa etimoloxía dos topónimos, especialmente no caso de nomes de poboación: intentouse que houbera topónimos en orixe deantroponímicos e topónimos que nun prinicipio foran descritivos. En todos eles pretendeuse incluír nomes que teñan sufixos -vivos ou non- característicos da nosa toponimia. 

O cuarto criterio ten que ver coa presenza do romance, especialmente en Álava e Navarra, e en menor medida en Bizkaia. É dicir, elixíronse topónimos de orixe eusquérica e topónimos de orixe latina ou romance.

 

Topónimos destacados do grupo

Araba/Álava
es
Luiaondo
Nafarroa/Navarra
es
Uterga
Nafarroa/Navarra
es
Atondo
Nafarroa/Navarra
es
Arteta
Nafarroa/Navarra
es
Góngora/Gongora
Nafarroa/Navarra
es
Ilurdotz
Araba/Álava
es
Artziniega
Nafarroa/Navarra
es
Juslapeña/Txulapain
Nafarroa/Navarra
es
Ilundáin/Ilundain
Nafarroa/Navarra
es
Marcaláin/Markalain
Araba/Álava
es
Laudio/Llodio
Nafarroa/Navarra
es
Larunbe

Forma de cita:

[Autor/a]:
"Topónimo",
Integrantes
Membros do equipo de investigación
Patxi Xabier Salaberri Zaratiegi
IP
UPNA
Juan Jose Zubiri Luxanbio
UPNA
Equipo de traballo
Patxi Galé García
Real Academia de la Lengua Vasca
Roberto González de Viñaspre
Real Academia de la Lengua Vasca
Mikel Gorrotxategi Nieto
Real Academia de la Lengua Vasca
Luis Mari Zaldua Etxabe
Real Academia de la Lengua Vasca
Iker Salaberri Izko
Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea

Toponomasticon Hispaniae

Biblioteca do Instituto Geográfico Nacional, CC BY 4.0 ign.es

Mapa indicador da División Xudicial de España e Portugal e Illas Adxacentes

Tomas Monteverde (1884), Biblioteca do Instituto Geográfico Nacional, CC BY 4.0 ign.es

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-