Eirexe, A
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimu
Resume xeneral
Do lat. vg. *ECLĒSIA, do cl. ECCLĒSIA, que entre os cristiáns pasou a denominar 'comunidade de crentes' e despois 'edificio onde se reunían'.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
Lugar da parroquia de Xubial (concello de Melide) que ten Santiago como advocación.
Información específica d'étimu pa esti topónimu
A forma latina ECLĒSIA evolucionou de forma semiculta, pois o grupo [KL] non palatalizou, como sería de esperar. As variantes máis comúns na Idade Media eran eigreja (a maioritaria), igreja e igleja, con distintas grafías. Téñase en conta que en moitas das edicións documentais medievais do séc. XX os editores desenvolvían a abreviatura coa voz castelán iglesia, ausente por extenso nos textos.
- eygreja (1264-1284) CSM
- ygreja (1264-1284) CSM
- igreja (1264-1284) CSM
- eigreja (1264-1284) CSM
- igreja s.XIII (lírica profana)
- "eygreygya de Sancta Oufemia de Vilarmoeſteyro" (Ourense) a.1259 DocSponer
- "igleia de Louesende" 1275 CDSClodioRibeiro
- "ygreya de Santiago" 1277 TToxosoutos
- "igreia de Seoane o vello" 1278 DocDevOurense
- "igreyia de Santa Maria de Chãtada" 1281 Maia_1986
- "jgleia de Bayona" 1283 Maia_1986
Despois da Idade Media o seu desgaste fonético orixinou a perda do /g/ e a aparición dun final -e. Antón Santamarina_2008 considera que pode se pode explicar por proceder dun antigo xenitivo (ECLESIAE) ou un locativo, formalmente idéntico ó xenitivo, "coma outros moitos locativos que sobreviven na toponimia (Lemavis > Lemos, Tiburis> Trives, nos subst. da segunda o locativo é idéntico ó dativo)" (p. 939). Pero o máis probable, segundo o mesmo autor, é que sexa un fenómeno moderno en que o x palataliza a vogal final (coma en laxa >laxe, estaxa > estaxe, Baleixa > Valeixe). Hai que ter en conta, ademais, unha posible asimilación regresiva por influencia do e tónico e o feito de que na época medieval non se rexistran formas rematadas en -e, o que indica que é un fenómeno posterior.
A palabra igrexa (ou as súas variantes) deu nome a moitos dos lugares que albergaban a igrexa parroquial. De feito, hoxe é o segundo lexema máis frecuente na toponimia galega (vid. Boullón_2021). Cando, a partir do séc. XVI o castelán se fixo obrigatorio nos textos escritos e o galego desapareceu deles, moitas destes nomes foron castelanizados. Cando trala chegada do réxime democrático se pasou a revisar o Nomenclátor de Galicia, centos destes lugares aparecían coa forma castelanizada Iglesia. A Comisión de Toponimia decidiu restauralas coa voz común, Igrexa, aínda que se restableceron outras formas máis evolucionadas cando se tiña constancia de que sobrevivira: Eirexe (a máis frecuente), Eirexe, Airexa (con aglutinación do artigo A-), Airexe, etc.
Documentación histórica
Vieya y medieval
Na Idade Media o uso desta voz non parece que levase aparellado un valor toponímico. Indicamos aquí unha que se refire directamente ó actual topónimo:
- “A miña casa de Grouas coas fegresias de Finsteus, Sancta Alla e Murga de Erroa e a pousa del Beytte e Sondello que eu teño titulo e foro da igreja de Santiago” a.1402 CDGH
Cognaos y topónimos rellacionaos
Dada a súa frecuencia, presenta diversas variantes: Eirexe 116 é a máis numerosa, seguida de Eirexa 64, Airexa 7, Airexe 37 (estas dúas co artigo determinado), Grixa 9, Gris 2, Eirixe 15, Eirixa (véxase Santamarina_2008).
en Toponimia gallega, portuguesa y asturiano-leonesa, PID2024-159776OB-C41, proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae. Prolongación antroponímica y proyección americana (ToponHisp-PA), financiado/a por MICIU/AEI/10.13039/501100011033. http://toponhisp.org