Skip to main content
Itzuli ToponHisp
  • Hiztegia begiratzea
  • Proiektuaren emaitzak
  • Bibliografia
  • Historikoa
  • Iturriak
  • Ikertzaileentzako sarrera
esglcaeupt-ptastan

Porto do Son, O

Porto do Son, O

Tipologia edo geografia karakterizazioa

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Etimoa

PŎRTU
Latino
Hidrotoponimia » Urak
*OKIONE
Prerromano
Mendi izenak

Laburpen orokorra

Composto de porto e Son, este último de etimoloxía escura, de orixe prerromana. Posiblemente procede dun topónimo medieval Oçon, relacionado co nome da parroquia de San Martiño de Ozón (Muxía), formado cun derivado da raíz prelatina indoeuropea *ok-, *ak- 'agudo, punta'.

Geografi, historia, administrazio alderdiak

O concello creouse en 1836 coas parroquias Baroña, Caamaño, Goiáns, Miñortos, Nebra, Noal (onde está a capital), Queiruga, Ribasieira, San Pedro de Muro e Xuño, pertencentes ós arciprestados de Posmarcos de Arriba e Posmarcos de Abaixo, coa forma castelanizada Puerto del Son. Na relación dos partidos xudiciais creada ao abeiro do decreto do 23 de xullo de 1835 para o arranxo provisional dos concellos do reino aparece como El Puerto del Son. O nome oficial alternou entre a forma reducida Son (1837) e a composta (1838), que foi a definitiva, con ou sen artigo. No NG de 2003 restituíuse a forma galega, Porto do Son, e na revisión de 2006 incluíuse o artigo, que é de uso oral e aparece en múltiples fontes escritas: O Porto do Son. Tamén se usa popularmente O Son.

Leku izen honentzako informazio berezkoa

A segunda parte do topónimo é de orixe escura e téñense proposto diversas hipóteses. Debe descartarse a que o relaciona co substantivo común son; á parte da falta de motivación semántica, as atestacións medievais represéntano con ç. A grafía actual, con s, reflicte o seseo da zona. Tamén cómpre rexeitar o parentesco co actual Dozón (Pontevedra), pois as documentacións máis antigas deste aparecen como Deçón, nome dun afluente do río Deza.

Ultimamente hai consenso en que debe ser unha forma prerromana. Edelmiro Bascuas_2002 explícao como variante de Ozón con deglutinación do artigo: Porto de Oçón > Porto d'Oçón > Porto do Son. Este autor reconstrúe un étimo *UPSŌNE, procedente en última instancia da raíz hidronímica indoeuropea *ap- 'auga, río' (Pokorny), a través dun tema  tema *ups /*aps. Con todo, de *UPSONE o esperable sería Osón, resultado que se contradí coas atestacións históricas.

Por isto, Paulo Martínez Lema propón que é cognado de Ozón (Muxía) e ambos están relacionados con outra raíz, oronímica neste caso, *ak- /*ok-  ‘cortante, aguzado’, ‘pedra’ (Pokorny), como a que pode estar en Oca ou en Agrón (freguesía de Ames, documentada na Idade Media no TToxosoutos como Ogron, Ogrone, Ogrom), a través dunha derivación *ok-i- e co sufixo  -one. 

Dokumentazio historikoa

Antzinatekoa eta Erdi Arokoa

  • "aforamos ... o noso lugar de Noal cõo Porto d’Oçón" 1398 THSantiago

Garaikidea

  • "Fernán Díaz, vezº do Porto doçón" 1511 ARG
  • "del Puerto doçón" 1536 ACS
  • del Puerto del Çon 1544 ACS
  • El Puerto del Son 1727 PARES
  • “Salimos para el Puerto del Son, o Zon, y rodeé por Carreyra” 1754-1755 Sarmiento_Viaje1754
  • el Puerto del Son 1752 CME-Noal_O Porto do Son
  • Alcaldía del Puerto del Son”, BOP do 18 de maio de 1939 
  • Ayuntamiento constitucional del Puerto del Son” BOP do 23 de outubro de 1839 
     

kognatuak eta erlazionatutako leku izenak

Dozón (concello de Pontevedra) é un falso cognado, pois en orixe foi Deçon, nome que se debe interpretar como derivado de Deça (actual río Deza):

Pola contra, si debe ser cognado Ozón, da parroquia de San Martiño de Ozón (Muxía, Co)

Ana Boullón:  "Porto do Son, O", 

en Toponimia gallega, portuguesa y asturiano-leonesa, PID2024-159776OB-C41, proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae. Prolongación antroponímica y proyección americana (ToponHisp-PA), financiado/a por MICIU/AEI/10.13039/501100011033. http://toponhisp.org

[consultado en 02-11-2026].
Data: 20/04/2026
8552
no-portugues

Coordenadas: -9.006363639 42.72461934

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
oˈpoɾto̝ðoˈsoŋ
Audio
Probintzia
A Coruña
Bizilagunak
9.060 (2025)

Herritarren izena eta talde izengoitiak

Herritarren izena(k)

Sonense

Sasigentilizioak
Daturik ez

Leku izenak sortutako jende izenak

Abizena
No ha generado apellido
Izena
Ez du jende izenik sortu

Bibliografia berezia

Bibliografiarik ez dago

Sinadurak

Erredakzioa: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

MCIN/AEI/10.23039/501100011033k finantzatu du Toponomasticon Hispaniae I+D+I proiektua. Aplikazio honek Galiziako Xuntak ikerketa guneen finkapenerako eta egituraketarako ematen dituen laguntzetako bat izan zuen.

Menú del pie

  • Pribatutasun politikak
  • Cookies politikak
  • Harremanetarako
-
-
-
-