Vilacide
Tipología o caracterización geográfica
Étimo
Resumen general
Composto de vila e Cide, un nome persoal medieval de orixe árabe, a partir do andalusí síd, e este do clásico sáyyid 'señor'.
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
Lugar, hoxe desdobrado en dúas poboacións, Vilacide de Abaixo e Vilacide de Arriba, da parroquia de Oroso, no mesmo concello coruñés. O topónimo figurou nos nomenclátores modernos coa súa forma castelanizada, ata que en 2003 restituíuse a xenuína.
Información específica de étimo para este topónimo
O antropónimo masculino Cide foi bastante frecuente en Galicia durante a Alta Idade Media: coa forma romance Cide ou coa pseudolatinizante Citi, documentámolo sobre todo entre os séc. X e XII, época en que tamén aparece con sufixo patronímico. Na Baixa Idade Media chegou só como segundo nome. Indicamos algúns exemplos de todas esas formas:
- Citi Didaci 874 CDVisLugo
- Regaulpho Connomento Citi 876 CDSCristinaRibasSil
- Pepi Citiz 962 TSamos
- Maria Cidiz, [filla de] Cidi 977 CDCelanova
- Citi Ansemondiz 1007 TCelanova
- Ziti Donon 1012 TCelanova
- Vandila connomento Ziti 1023 CDVisLugo
- Sonmiro cognomento Citi a.1043 TCelanova
- Aldretus proles Quintile cognomento Citi a.1079 TSamos,
- Michael Citiz 1119 CDVisLugo
- Cide 1134 CDCatOurense
- Adrianus Cidiz 1153 TomboCSantiago1
- Pedro Cide 1335 CDRocas
- Aluaro Cide 1433 DocDevOurense
Documentación histórica
Antigua e medieval
- Villacide a.1228 HistoriaCatedralSantiago
- "Villazide derradeyro ... que he in filigresia Sancti Martinj de Heeroso" 1291 Galiciana (Arquivo da Fundación Penzol)
- Juan de Vilaside 1420 LCSantiago
- "Joán de Vylazide, vesiño de Santiago" 1434 NotariosOurense
- "herdades e casal de Vilazide derradeyro e a meatade do casal de Sigũeiro de Çima e as herdades de Castelo e o casal de Lestroue, as quaes herdades mãdou Johán de Vilazide, canbiador", "Vasco Gomes de Vilazide, morador ẽna frigresía de Sant Martjno de Oroso" 1480 TBieitoSantiago
Moderna
- Villacid de Abajo, ... Villacid de Arriba 1830 DicMadoz
Cognados y topónimos relacionados
Existen outros dous Vilacide no concello de Xermade (parroquias de Cabreiros e de Candamil, Lu). Tamén hai cognado do mesmo composto en territorio castelán: véxase Villacid de Campos.
O seu segundo elemento aparece tamén en
- Abucide (Toques, Co), composto co andalusí abú (árabe clásico abū) 'pai' .
- Casdecide (Nogueira de Ramuín, Ou) e Cardecide (Cuntis, Po) 'casa de Cide'.
- Mencide (Palas de Rei, Lu) composto con Mendo < xermánico Menendus).
Pola contra, aínda que Doncide (Pol, Lu), parece un composto con DOMINUS, MoralejoLaso_1977_TopGalLeonesa apunta a posibilidade de que proceda do xenitivo do nome latino Dulcidius. A documentación medieval parece confirmalo, pois aparece como Doçide a.1494 CDCatMondoñedo.
Ademais, outros topónimos rematados en -cide son probablemente fitotopónimos, con relaxación da vogal final:
- Lamacide (Abadín, Lu) é probablemente unha variante de Lamacida, e esta de Lamaceda, un derivado de lama.
- Salcide (Salvaterra de Miño, Po) é variante de Salceda (< SALICETA)
- Barracide (Foz, Lu), podería ser variante de Barracido, abundancial dunha variante con r múltiple do fitónimo baraza (Navaza_Fitotop)
- Teicide (Paradela), podería ser variante de Toucide 'touceda', colectivo de touza, topónimo que hoxe non se recolle no NG pero que está testemuñado na Idade Media: Fernando de Touçide, procurador do cabido de Mondoñedo 1470 CDCatMondoñedo .
Como elemento único, en Portugal hai Cide (Braga, Guarda).
En canto a Ceide (Carballo, Co e Lugo, Lu) e Ceides (Carballedo, Lu), foi relacionado etimoloxicamente con Cide, pero parece máis probable que proceda do nome persoal Zayd ‘incremento, aumento'.
en Toponimia gallega, portuguesa y asturiano-leonesa, PID2024-159776OB-C41, proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae. Prolongación antroponímica y proyección americana (ToponHisp-PA), financiado/a por MICIU/AEI/10.13039/501100011033. http://toponhisp.org